We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Danza da l​ú​a en Santiago

from Danza da l​ú​a en Santiago (Proxecto Lorca) by NEBRA

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

Canción creada para o Proxecto Lorca

lyrics

DANZA DA LÚA EN SANTIAGO
Federico García Lorca

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!

É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.

Fita seu corpo transido,
negro de somas e lobos.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?

¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!

¿Quén fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?

É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.

Nai: A lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

¡Ai filla, co ár do céo
vólvome branca de pronto!

Non é o ar, é a triste lúa
na Quintana dos mortos.

¿Quén brúa co-este xemido
d'imenso boi melancónico?

Nai: É a lúa, é a lúa
na Quintana dos mortos.

íSi, a lúa, a lúa
coronada de toxos,
que baila, e baila, e baila
na Quintana dos mortos!

credits

license

all rights reserved

tags

about

NEBRA Lugo, Spain

NEBRA é un proxecto liderado por Sara Nebra inspirado na
música vocal tradicional galega, con
influencias do folklore pero con sons de música contemporánea, electrónica, lírica
e industrial.
For,mado pola cantante
Sara Pérez Cruz (Muddy Doll, Orfeón
Lucense), o baixista Ángel Boquete
(MaldiA, Sigilu) e o batería Ro Muñoz
(A Gramola Gominola, Di Elas).
... more

contact / help

Contact NEBRA

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like NEBRA, you may also like: